Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños da Palma agardan con preocupación a chuvia, que caerá con forza este venres

Os veciños da Palma agardan con preocupación a chuvia, que caerá con forza este venres

As autoridades piden á poboación que evite valgadas, pendentes e ladeiras inestables

directo Volcán de Cumbre Vieja
G24.gal 25/11/2021 13:54

A erupción do volcán da Palma segue o seu curso, e agora a principal preocupación é a intensa chuvia que se anuncian para este venres en toda a illa, onde se agardan 60 litros por metro cadrado en 12 horas e ata 15 litros nunha hora.

A auga pode arrastrar cinza, pero preocupan sobre todo os torrentes, polo que as autoridades piden á poboación que evite valgadas, pendentes e ladeiras inestables.

A chuvia chegará este mesmo xoves á Palma pola vertente leste da illa, a máis afastada da erupción. O terreo gañado ao mar pola lava expulsada polo volcán de Cumbre Vieja suma xa 50 hectáreas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade