Cargando resultados...
Erros, mala sorte, decisións arbitrais; a historia que se repite no Celta
G24.gal
18/02/2024 23:21
A película fronte ao Barcelona foi a mesma para o Celta. Repetíronse as mesmas eivas que se están a suceder ao longo da temporada
Mala sorte
O Celta xerou oportunidades e non foi inferior ao Barcelona, pero acabou perdendo. Tamén lle aconteceu no partido de ida ou no partido de Balaídos ante o Barcelona
Erros individuais
Fran Beltrán recoñeceu o seu erro no penalti que deu orixe ao gol de Lewandowski. Algo parecido pasou a semana pasada en Xetafe. Son moitas xornadas en que erros individuais custan moi caros.
Decisións arbitrais
Tiña que repetirse o segundo penalti de Lewandowski cun xogador do Barcelona na área? É dabondo o movemento de Guaita no primeiro lanzamento que conseguiu deter?