O Celta cae en Anoeta diante dunha Real Sociedade en inferioridade (3-1)
O equipo vigués conseguiu equilibrar o resultado cun gol de Borja, pero axiña volveu marcar Oyarzábal
Sentenciou Brais no engadido de penalti
Minuto a minuto
Ás 18:00h comeza o partido de Anoeta: Real Sociedade - Celta. Este é o XI inicial do equipo de Claudio Giráldez
𝑷𝒐𝒍𝒐 𝑹𝒆𝒂𝒍 𝑪𝒍𝒖𝒃 𝑪𝒆𝒍𝒕𝒂... 𝒙𝒐𝒈𝒂𝒓𝒂́𝒏... 🩵#RealSociedadCelta ⋄ @LaLiga pic.twitter.com/CeXKAhGXoX
— Celta (@RCCelta) January 25, 2026
E este é o XI inicial do equipo donostiarra. Informa a Real de que Sergio Gómez é baixa por un virus gastrointestinal
𝗫𝗜 | Nuestro once para hoy.#RealSociedadCelta pic.twitter.com/tidMaaBD9t
— Real Sociedad Fútbol (@RealSociedad) January 25, 2026
Comeza o partido en Anoeta: Real Sociedade 0-0 Celta
Primeira ocasión clara do Celta, cun balón que lle cae a Bryan Zaragoza na frontal, e o seu remate marcha desviado a córner!!
Primeira ocasión agora da Real. Centra Barrenetxea, e Jon Martín cabecea desviado
Gol da Real Sociedade. Abre a conta Oyarzábal cun remate raso desde a frontal. Real Sociedade 1-0 Celta
Centro de Bryan, remate de Pablo Durán, e o balón marcha a córner
Falta moi dura de Caleta Car sobre Manu Fernández, inicialmente castigada con cartón. Tras a consulta co VAR, Alberola cambia a decisión e expulsa ao xogador da Real Sociedade, que queda con 10
Final da primeira parte en Anoeta. Vitoria momentánea da Real, que está con dez de cara á segunda metade
Comeza a segunda metade en Anoeta: Real Sociedade 1-0 Celta
Remate de Pablo Durán que sae rexeitado a córner
Sáca o córner o Celta, e Marcos Alonso non pode precisar o remate cara a portería de Remiro
Ocasión clara do Celta, Hugo Álvarez asiste a Borja que remata contra a defensa, pero ese último remate queda anulado porque o balón saíu á córner antes dese pase atrás
El-Abdellaoui cabecea desviado o saque desde o curruncho
Tiro abaixo de Bryan Zaragoza, e despexa Remiro
GOOOOOOOOOOOOOOL do CEEEELTAAAA!!!! Empata Borja Iglesias, que colle un balón solto na área despois dun envío de Carreira, e define con moita calidade. Real Sociedade 1-1 Celta
Gol da Real. Sen tempo para asimilar o empate, Oyarzábal volve adiantar ao cadro donostiarra con outro disparo raso desde a frontal. Real Sociedade 2-1 Celta
Balón interior a Swedberg pero o sueco, que non foi quen de marcar, estaba en fóra de xogo
Centro de Odriozola, remata Oskarsson e saca Radu a córner
Balón interior a Swedberg, pero chega antes Remiro para despexar
Contra de Odriozola, que se presenta no man a man con Radu, e acaba cometendo penalti Marcos Alonso. Pode sentenciar a Real
Gol da Real Sociedade. Sentenza Brais Méndez desde o punto de penalti. Real Sociedade 3-1 Celta
Final do partido. Real Sociedade 3-1 Celta