O Celta asalta o Bernabéu case vinte anos despois na Liga cun dobrete de Swedberg (0-2)
É a cuarta vitoria consecutiva fóra da casa dos vigueses, que teñen xa 19 puntos
O Real Madrid acabou con nove polas expulsións de Fran García e Álvaro Carreras
Minuto a minuto
Ás 21:00h comeza o partido do Bernabeu. Real Madrid-Celta. Este é o once inicial de Claudio Giráldez
𝑷𝒐𝒍𝒐 𝑹𝒆𝒂𝒍 𝑪𝒍𝒖𝒃 𝑪𝒆𝒍𝒕𝒂... 𝒙𝒐𝒈𝒂𝒓𝒂́𝒏... 🩵#RealMadridCelta ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/9t0VvFZmoj
— Celta (@RCCelta) December 7, 2025
E este é o XI do equipo de Xabi Alonso
📋✅ ¡Nuestro XI inicial!
— Real Madrid C.F. (@realmadrid) December 7, 2025
🆚 @RCCelta
👉 @UnicajaBanco pic.twitter.com/4a9h0hEUXr
Comezou o partido, e ollo que se mancou Pablo Durán na primeira acción
Boa xogada do Celta, con pase de Bryan Zaragoza para Durán, que puido seguir no partido, e remate deste que acaba en córner
Ocasión para Arda Guler, que gaña a liña de fondo diante de Mingueza e topa cunha boa parada de Radu
Sácase o córner e Bellingham remata na área pequena. Paradón de Radu
Balón en profundidade para Pablo Durán, que controla ben. Na pugna por evitar o remate impónse Militao, pero acaba mancado
Remata fóra Arda Guler unha boa combinación madridista, con pase de Vinicius e asistencia de Mbappe
Outra boa ocasión do Celta nun balón en profundidade de Borja para Durán. Remata abaixo o de Tomiño e para Courtois
Marcha en velocidade Vinicius e Radu responde cunha gran intervención en dous tempos
Descanso sen goles no Bernabeu. Os dous equipos tiveron ocasións, pero os porteiros estiveron atinados, especialmente Radu
Comeza a segunda metade
GOOOOOOOOOOOLAAAAAAZO do CEEEEEEEELTA!!!!!! Que remate co calcaño de Williot para levar á rede un pase de Bryan Zaragoza desde a esquerda!! Real Madrid 0-1 Celta
Outra ocasión do Celta, con remate abaixo de Williot que bloca Courtois
Expulsado Fran García por dobre cartón. Queda con dez o Real Madrid!!
Xogada persoal de Vinicius que remata cun disparo raso, desviado
Gran pase en profundidade de Tchouameni para Mbappe, e a vaselina do francés marcha preto do traveseiro
Falta perigosa por man a prol do Real Madrid. Mbappe busca o pau de Radu, que para sen problemas
Fede Valverde recolle un balón solto e remata ás nubes
Cabezada de Tchouameni á saída dun córner, e para Radu
Outra cabezada de Gonzalo, que marcha lambendo o pau de Radu
Álvaro Carreras, tamén expulsado!!!protestestou o galego e viu o cartón vermello. Queda con 9 o Real Madrid
GOOOOOOOOOOOL do Ceeeeeeeeeltaaaaaa!!!!!Boa acción colectiva dos vigueses que deixa a Williot no man a man. Marcha de Courtois e anota o seu segundo da noite. Real Madrid 0-2 Celta
FINAAAAAAAAL do partido no Bernabeu. Gañou o Celta cos goles de Williot Swedberg, e asalta o Bernabeu case vinte anos despois. A última vitoria na Liga fora en 2006. Na Copa, o último triunfo chegou en 2017