Excesiva goleada para Celta no Bernabeu (4-0)
Os de Benítez recibiron tres goles nos últimos dez minutos, dous deles en propia porta
Minuto a minuto
Ás 18:30 horas comeza no Santiago Bernabeu o partido correspondente á 28ª xornada:
Real Madrid-Celta
Este é o XI titular do Celta de Rafa Benítez para o partido:
📋✅ O noso 𝗫𝗜 🆚 @realmadrid!#RealMadridCelta ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/VwKS8VPQF1
— RC Celta (@RCCelta) March 10, 2024
E este é o XI de Carlo Ancelotti por parte do Real Madrid:
📋✅ ¡Nuestro 𝗫𝗜 inicial!
— Real Madrid C.F. (@realmadrid) March 10, 2024
🆚 @RCCelta@UnicajaBanco | #RealMadridCelta pic.twitter.com/eU1K5jGgOL
Comeza o partido no Santiago Bernabeu
Domina o Real Madrid de inicio, primeiro remate de Camavinga, para Guaita
Volve rematar Camavinga, desta volta cunha cabezada que saca Guaita a córner

Primeira contra do Celta, o balón quédalle a Manu Sánchez, que remata desviado
GOL do Real Madrid. Vinicius remata á rede logo dunha dobre parada de Guaita á saída dun córner. Real Madrid 1-0 Celta.
Camavinga remata desviado por pouco
Baixou o ritmo do partido. Outra vez remata Camavinga un córner e vaise desviado.
Guaitaaaa!!!!!! Mete un pé provindencial para evitar o gol de Rodrygo
Pega Camavinga desde fóra da área e atrapa Guaita

Dobre ocasión do Celta!!!! Primeiro Manu Sánchez e logo Iago Aspas rematan con perigo na área do Real Madrid
Puido empatar Luca de la Torre!!! Falta que saca Iago e Luca remata alto coa cabeza
Comeza a segunda parte!!!
Chega con perigo o Celta. Larsen recibe na área, pero o seu remate espétase nun defensa do Real Madrid.
Cartón a Mingueza por derrubar a Vinicius e ao brasileiro por empurrar o xogador vigués

Brahim... Salva Guaita. E na seguinte chegada Valverde remata desviado. Outra onda ofensiva do Real Madrid sen éxito.
Remata Rodrygo desde o punto de penalti nunha boa posición pero moi centrado ás mans de Guaita
Remate de cabeza do silledense Joselu que se vai a rentes do traveseiro
2-0 Gol do Real Madrid. Remata de cabeza Rudiger, toca no traveseiro e pétalle a Guaita que marca na súa propia portería.

Paradón de Guaita diante de Joselu!!!!
3-0 Outro en propia porta!!!! Centra Vinicius e Carlos Domínguez, no seu intento de despexe, acaba marcando na súa portería
4-0 Duro castigo para o Celta, que recibe tres goles nos últimos dez minutos. Marcou Arda Güler o primeiro gol coa camisola do Real Madrid.