Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta cae na trampa de Bordalás (1-0)

O Celta cae na trampa de Bordalás (1-0)

O Xetafe marcou na primeira xogada do partido e dedicouse a interromper o xogo do cadro vigués

G24.gal 03/05/2023 20:33 Última actualización 03/05/2023 23:56

Minuto a minuto

Non puido ser no Madrigal e agora vaino tentar en Xetafe. O Celta quere superar canto antes a barreira dos 40 puntos e deixar a permanencia atada. O rival que vai ter enfronte xógase a categoría. Estrea de Bordalás no Alfonso Pérez cun equipo que comeza a xornada no penúltimo posto, a oito dos vigueses. 

Equipo do Celta!!! Volven Mallo, Beltrán, Gabri e Aspas despois de ser suplentes contra o Vilarreal

O XI do Xetafe

O Xetafe xógase a vida e o Celta vai atopar un ambiente moi hostil

1

Partido en xogo no Alfonso Pérez!!! E penalti a prol do Xetafe por un derrubo a Unal!!

2

1-0 Marca Enes Unal de penalti. A piques estivo de paralo Iván Villar

 

6

Remate de Arambarri á saída dun córner que se vai arriba

12

Advirte Cuadra Fernández ao delegado que os recollepelotas están perdendo tempo. Estilo Bordalás

21

Cartón para Aidoo que non xogará contra o Valencia

22

Remate alto de Aleñá

25

Carvalhal veo mal, mete a Carles Pérez no campo e quita a Kevin

33

Aviso de Aleñá que remata fóra. O Celta non chega arriba

45

Nulo o Celta en ataque. Nin un só tiro a portería no primeiro tempo. O Xetafe marcou ao comezo do partido e logo adicouse a perder tempo e a curtar o fútbol de ataque celeste

Máis trocos no descanso. Entran no partido De La Torre e Seferovic. Marchan Galán e Larsen

55

Centra Iglesias e remata moi alto Maksimovic

57

Salva Iván Villar o segundo logo dun remate de Jaime Mata!!!!

67

Bo pase de Aspas á procura de Gabri pero non chega para poñer un bo centro. O Celta pisa a área con perigo

71

Volve chegar o Celta. Remate cruzado de Aspas que marcha fóra por pouco

77

Expulsado Aidoo por segundo cartón amarelo

85

Moi clara para Munir. Remata, peta no traveseiro e sobre a liña de gol!!!!

92

Munir encara a Iván Villar pero chega afogado e perde o coiro

95

Outra clarísima para Enes Unal. Remata alto só diante de Villar

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade