O Celta, sólido en defensa e inoperante en ataque (0-0)
O Celta empata en Vallecas nun partido en que houbo moi poucas ocasións
Segue sen chegar a segunda vitoria e o equipo continúa en descenso, a tres puntos da permanencia
Minuto a minuto
A partir das 21:00 horas comeza o partido do Celta en Vallecas. Houbo rivais na zona baixa que sumaron (vitoria do Mallorca, empate do Cádiz) e o cadro vigués vai rematar a xornada 16 en descenso ... Pero veríase dun xeito moi diferente si o fai a só un punto da salvación e tendo en conta que o seguinte equipo en visitar Balaídos é o Granada, que está por debaixo na clasificación
Xa temos o XI do Celta. Douvikas - Larsen na dianteira con Aspas comezando desde o banco. O resto do equipo, sen novidades

No Raio volve RDT á titularidade!!
⚡️ Once del Rayo Vallecano elegido por Francisco para enfrentarse al @RCCelta.#RayoCelta #VamosRayo pic.twitter.com/dBOF9JhWc6
— Rayo Vallecano (@RayoVallecano) December 11, 2023
Comeza o partido despois do minuto de silencio polo seareiro do Granada e o Presidente da Federación de Peñas do Raio

Presiona o Raio. Entran Isi e Trejo pola dereita e acaba despexando Starfelt na área pequena
Saiu moi mandón o Raio cun 80% de posesión. O Celta está sólido en defena

Gol anulado a Lejeune por fóra de xogo claro anterior de RDT
Chega Douvikas ata a liña de fondo, pon o centro e saca con problemas Dimitrievski ... E no córner remata desviado Tapia
Clara do Raio!!! Centro de Álvaro, remata RDT saca Guaita e o rexeite case o espeta na rede Isi Palazón

Perda de Bamba en zona de perigo pero o remate de Isi Palazón é moi inocente
Balliu impacta na faciana de Manu Sánchez. O árbitro non pita nada nunha acción que podía ser de cartón
Tiro de Douvikas ás mans de Dimitrievski
Paradón de Guaita a remate de RDT!!!!!
No córner pide penalti o Raio pero logo da revisión no VAR vese que Unai toca coas costas. Remata deste xeito a primeira parte

Empeza a segunda parte. Un troco no Raio, entrou De Frutos no lugar de Trejo
Man a man de Isi Palazón co porteiro do Celta que resolve Guaita!!! Leva dúas grandes paradas

Centra De Frutos e remata en semierro Isi Palazón cando estaba nunha boa posición
Perda de Bamba e contragolpe do Raio que manda a córner Starfelt no último intre. No saque desde o recanto remata arriba Lejeune
Entran Beltrán e Cervi no lugar de Mingueza e Bamba
Remate de RDT que sacan entre Guaita e o poste!!!! Outro aviso do Raio Vallecano que mete no partido a Falcao e Ciss

Entra Aspas no lugar de Douvikas
Tiro de Tapia por riba do traveseiro. A primeira do Celta no segundo tempo
Kevin!!! Probou sorte desde lonxe, escapoulle a Dimitrievski e case entra na portería
Gol anulado ao Raio por xogo perigoso de Falcao que impactou na faciana de Starfelt
Rematou un partido que tivo pouca historia. O mellor, o traballo defensivo do Celta. En ataque, moi pouco un nada