A Real Sociedade aparta o Celta do soño da Copa (1-2)
O equipo vasco encamiñou o pase cun gol de Oyarzabal no primeiro minuto
Becker marcou o segundo, e a reacción do Celta chegou demasiado tarde
Minuto a minuto
Boa noite! Chegou o día no que volve a Copa a Balaídos. E faino cunha eliminatoria de cuartos de final a partido único diante da Real Sociedade. Está en xogo un posto na semifinal, á que non accede o cadro vigués desde o ano 2017. Ambientazo no feudo vigués!!
Así foi a chegada do Celta ao campo!!
Xa temos os XI @RCCelta 🏆 @RealSociedad
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) January 23, 2024
👉 Hugo Álvarez gañou un oco no equipo titular a carón dos canteiráns Iván, Kevin, Carlos e Miguel
📲 https://t.co/rc6cGqqsGN pic.twitter.com/wObzpIGPIb
Saltan OS NOSOS 🩵 pic.twitter.com/Sfsl1yyN7X
— RC Celta (@RCCelta) January 23, 2024
Coooomeza o partido
0-1 Setenta segundos de partido e marca Oyarzábal o primeiro gol do partido
Barullo na área da Real Sociedade, houbo reclamación de man de Merino. O partido moi atrapallado neste inicio
Fútbol control da Real Sociedade. De momento, moi pouca presenza nas áreas por parte dos dous equipos
Avisa Merino cun remate cruzado e salva Iván Villar

Falta lateral que saca Hugo Álvarez e non pode rematar Starfelt
Becker entra en velocidade pola dereita, cede a Merino que remata alto
O lateral esquerdo Tierney cae ao chan mancado. Terá que facer o troco a Real Sociedade

Outro aviso da Real a balón parado. O remate de André Silva marcha por riba do traveseiro
Oyarzábal pega desde a frontal despois dun córner, o coiro vaise fóra
Tempo de lecer. Gaña a Real Sociedade grazas ao gol de Oyarzábal. Dominio visitante diante dun Celta que apareceu moi pouco en ataque

Entra Luca de la Torre por Miguel Rodríguez. Na Real marcha André Silva e entra Zakharyan

Comeza o segundo tempo cun par de faltas sacadas por Hugo Álvarez e un remate de Carlos Domínguez. O Celta parece que deu un paso cara adiante
Centro chut de Ristic que chapa Remiro. Aspas e Larsen comezan o quecemento

Benítez non agarda máis e mete a Aspas no campo. Tamén entra Mingueza
0-2 Contragolpe rapidísimo da Real, Becker sae de campo propio, recibe en profundidade e supera a Iván Villar
Williott!!!! Tivo o sueco a mellor oportunidade do Celta de todo o partido pero salvou Remiro

Centra Becker e remata alto Oyarzábal. Outra vez a Real creando perigo á contra
Tiro de Zakharyan desviado. O Celta meteu a Larsen pero non chega ese gol que lle dea vida á elimiantoria
1-2 GOOOOOOL de Luca de la Torre. Quedan tres minutos para a milagre
Final en Balaídos. Chegou demasiado tarde o gol do Celta e non houbo tempo para xerar unha última oportunidade. Ata os cuartos durou a aventura celeste na Copa.