Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta estrélase contra os paus (0-0)

O Celta estrélase contra os paus (0-0)

Larsen e Carles Pérez tiveron dúas grandes ocasións, pero mandaron o remate ao poste

O colexiado anulou un gol a Jailson por falta anterior e Aspas pediu penalti no engadido

G24.gal 31/03/2024 12:52 Última actualización 31/03/2024 15:58

Claudio Giráldez falou tras o empate fronte ao Raio Vallecano, un resultado que non deixa satisfeitos nin os galegos nin os madrileños.

"A sensación é a de que se van dous puntos"

Minuto a minuto

Protagonistas en Balaídos. Estrea de Claudio como adestrador do primeiro equipo, entradas esgotadas ... Un partido no que o Celta pode dar un paso de xigante para a permanencia. O triunfo do Cádiz obriga aos celestes

Xa temos o equipo do Celta. Entra Starfelt por Unai e Manu Sánchez no lugar de Manquillo. Pasará Hugo Álvarez á banda dereita? O resto, os mesmos que gañaron diante do Sevilla

Equipo do Raio Vallecano! O equipo madrileño está só dous puntos por riba do Celta

1

Comeza o partido en Balaídos!!!!

4

Tiro de Bamba que toca nun defensa e acaba en córner. Primeiro achegamento!!

7

Isi caza un balón na área e remata alto

12

Perde Hugo Sotelo o balón no centro do campo e Álvaro García a piques está de aproveitalo. Obstaculizouno Carlos Domínguez cando entraba na área

16

Mancado na xogada anterior Álvaro García. Entra Andrei no seu lugar

23

Outro erro na saída, desta volta de Starfelt, e o Raio volve saír con moita velocidade. Ten que mellorar o Celta no inicio das xogadas

31

Chega pola dereita Iago Aspas e remata moi cruzado. Había tempo que o Celta non pisaba a área do Raio

35

Fabrica Isi Palazón a xogada e acaba rematando De Frutos. Chapou Guaita ben colocado

37

Ao posteeeee!!!!! Remate de cabeza de Larsen que peta no pau e saca Dimitrijevski de dentro

45

Chegamos ao descanso logo de tres de engadido. Poucas ocasións no partido, a mellor unha cabezada de Strand Larsen que foi ao poste

46

Comeza o segundo tempo!!! Entrou Tapia no lugar de Starfelt

51

Proba Pacha Espino desde a esquerda e volve chapar con seguridade Guaita

58

Recupera o Raio no centro do campo e busca sorprender a Guaita cun tiro de 40 metros que se vai desviado

64

Defende moi duro o Raio Vallecano. O Celta controla o partido pero é incapaz de xerar perigo

66

Jailson e Carles Pérez ao campo. Marchan Bamba e Hugo Sotelo

66

Gol anulado a Jailson por suposta falta anterior de Carlos Domínguez. Cartón amarelo a Aspas por protestar e vermello a Róber Fernández, axudante de Giráldez

70

Andriu Ratiu remata cruzado. Está o equipo e o público alporizado co colexiado Hernández Hernández

76

Remate parabólico de Isi Palazón que vai por riba do traveseiro. Marcha Strand Larsen e entra Douvikas. Máis madeira para o ataque do Celta

79

Taaaapia!!!!! Que remate de cabeza pero marcha a rentes do pau. Que ocasión tan clara!!!

83

Outra cabezada, desta volta de Douvikas, que vai preto do poste. O Celta acariña o gol

88

Bebé entra pola esquerda, remata duro pero moi desviado

92

Pide penalti Aspas por unha caída diante do Pacha Espino. Outro cartón vermello ao banco do Celta

96

Ao longueiroooooo Carles Pérez na última xogada do partido. Tivo o Celta o triunfo no engadido!!!!

Rematou o partido en Balaídos. Polémica polo gol anulado a Jailson e un penalti non asubiado a Aspas. Dará moito que falar a arbitraxe de Hernández Hernández

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade