Unha remonta de Primeira (2-1)
O Celta reacciona a tempo e dálle a volta ao partido cos goles de Swedberg e Hugo Álvarez
Minuto a minuto
O Celta pode garantir de xeito matemático a permanencia na Primeira División. Precisa mellorar o resultado do Cádiz e cando salte ao céspede de Balaídos xa coñecerá o resultado do seu rival por evitar o descenso. O Athlétic chega a Vigo mermado polas baixas e sen posibilidades de estaren en Liga de Campións. Agárdase un gran ambiente para celebrar o que pode ser a festa da continuidade na elite do fútbol español.
Xa temos o equipo en Balaídos recibido pola afección!!!
Moitas novidades no equipo do Celta. Desde a portería con Iván Villar ata a dianteira na que descansa Aspas e entra Williot
🚨 O XI do @RCCelta
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) May 15, 2024
Giráldez revoluciona o equipo desde a portería. Cinco trocos con relación ao equipo do Metropolitano
📻 Podedes escoitalo en https://t.co/Xw5xoRTUH1
Ou seguilo no noso minuto a minuto onde teredes o primeiro resumo 📲 https://t.co/lR66tGss3u pic.twitter.com/IxODUygHdr
Valverde mete varios xogadores do filial e outros non habituais na Liga.
📋 𝗔𝗟𝗜𝗡𝗘𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 🆚 @RCCelta
— Athletic Club (@AthleticClub) May 15, 2024
👏 Aupa lehoiak! #CeltaAthletic #AthleticClub 🦁 pic.twitter.com/OYQ16u5rhN
Rematou o partido do Cádiz que gañou no minuto 96 en Sevilla (0-1). Isto obriga ao Celta a gañar o encontro diante do Athlétic para seguir mantendo a marxe de cinco puntos co descenso
Equipos no terreo de xogo. Iván Villar exerce de capitán do Celta. Todo preparado para comezar
Cooooomeza o partido!!!
Saída moi forte do Celta pero sen ocasións de remate. O Athlétic busca un ritmo máis calmo de partido

Bamba conecta con Larsen que falla no remate diante do porteiro bilbaíno. A xogada estaba anulada por un fóra de xogo moi xusto
Carleeees Perez!!!! Gran acción individual pola banda dereita que acaba cun tiro a pé trocado que salva o porteiro visitante.
0-1 Marca Berenguer de gol olímpico. Incrible o lanzamento de córner do xogador do Athlétic

Outro achegamento con perigo do Athlétic pero Starfelt desvía o remate de Unai Gómez
Outra cabezada de Unai Gómez, ás mans de Iván Villar
Agora o que remata é Adu Ares. Os canteiráns do Athlétic demostran ter personalidade
Gran centro de Swedberg que a piques está de aproveitar Strand Larsen ... E sae Aspas a facer o quecemento!!!!

Outro centro de Berenguer con moito perigo que se pasea por diante da porta de Iván Villar
Remata Bamba e salva Paredes para o Athlétic
Carloooos Domínguez!!! Gran remate do canteirán que estivo moi preto de acadar o empate. Chegamos ao descanso co gol de Berenguer marcado de lanzamento directo de córner
Tres trocos no Celta!!!! Ao campo Aspas, Hugo Álvarez e Mingueza
Sae a por todas o Celta. A piques estivo de rematar Strand Larsen
Ao traveseirooooo!!!!! O remate de Larsen foi contra o ferro!!!

Larsen remata e saca Lekue baixo paus!!! O colexiado asubia unha falta anterior do noruegués. Empurra moitísimo o Celta
Centra Larsen e non chega Swedberg .... Insiste o Celta e centra Manquillo pero sen rematador. Están os de Claudio emborcados
O Athlétic cambia o porteiro. Marcha Unai Simón e entra Agirrezabalaga. Tamén entran Raúl García e Iñaki Williams

Susto de Berenguer!!! O Athlétic aparece en ataque e avisa o seu goleador
1-1 GOOOOOOOOOL DE SWEDBERG. Gran centro de Hugo Álvarez e o sueco volve demostrar o seu olfato goleador

2-1 GOOOOOOOOOLAZO DE HUGO ÁLVAREZ. Gran xogada individual de Hugo que culmina cun disparo pola escadra!!!!!!!
Marchan Larsen e Swedberg. Entran Douvikas e Cervi.
Piden penalti os xogadores do Celta por unha man de Yeray
Centro ao que non chega Aspas. O Celta temporiza e non arrisca co coiro
Vesga remata alto de cabeza. O Celta non pode perder a concentración
Gol anulado a Raúl García por un agarrón anterior a Starfelt
FINAAAAAL. O Celta logra remontar diante do Athlétic e ten a permanencia na man. Cun punto máis nas dúas xornadas que quedan estará feito!!!!