Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta perde co Athlétic (2-1) e aínda non asegura a permanencia

O Celta perde co Athlétic (2-1) e aínda non asegura a permanencia

G24.gal 20/05/2023 16:03 Última actualización 20/05/2023 18:14

Minuto a minuto

Larsen, Óscar e Gabri lideran o ataque celeste en ausencia de Aspas! O equipo que vai estar diante do Athlétic!

1

Principia o partido en San Mamés! O Celta, á procura dos corenta puntos e pechar a permanencia!

5

1-0 Non pode principiar peor o partido. Gol de Iñaki Williams cun remate cruzado de cabeza. Outro partido en que recibe o Celta gol antes do minuto 10.

 

15

Larsen recibe na área, pero non é quen de rematar. Primeiro achegamento do Celta.

19

Centro de Berenguer, que se vai pechando e Villar vese na obriga de intervir. Iñaki Williams estaba moi preto da xogada.

24

Vaise mancado Beltrán e entra Luca de la Torre. Contratempo para Carvalhal.

31

Disparo moi colocado de Gabri Veiga desde fóra da área e excelente resposta de Unai Simón. Boa ocasión para o Celta!

43

PARADÓN de Iván Villar a un remate de cabeza de Yuri Berchiche, que lle gañou a partida por alto a Unai Núñez.

45

Descanso en San Mamés. Athletic 1-Celta 0.

46

Comeza a segunda parte con trocos no Celta. Entran Mingueza e Miguel Rodríguez e vanse Kevin e Cervi.

49

GOOOOL DO CELTA!! Marca Strand-Larsen cun colocado testarazo, a aproveitando un brillante centro de Miguel Rodríguez

 

53

Durou pouco a ledicia para os vigueses. Marcou Alex Berenguer un auténtico golazo. 2-1 para o equipo local.

 

69

Case volve marcar Berenguer. Disparo desde moi lonxe que golpea contra a trabe.

76

Troco no Celta. Entra Paciencia por Gabri Veiga. Xogando na punta Paciencia e Seferovic, que ocupara o lugar do goleador Strand-Larsen.

90

Falta que remata alta Sancet. Entramos no tempo engadido.

95

Final do partido en Bilbao. Non tivo opcións de gol o Celta tras o 2-1. Os celestes seguen en asegurar a permanencia e pagan caro a súa mala entrada nos partidos. É a cuarta vez seguida na que reciben gol nos primeiros cinco minutos. Strand-Larsen empatou no 49 pero só tres minutos despois Berenguer fixo o tanto definitivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos