O Celta resiste 40 minutos con 9 e gaña nas Palmas (0-1)
En só catro minutos (do 53' ao 57') foron expulsados Ilaix Moriba e Iago Aspas
O Celta, que gañaba grazas a un gol de Borja Iglesias, resistiu o empuxe das Palmas
Minuto a minuto
Á procura da primeira vitoria como visitante vai este Celta de Giráldez no Estadio de Gran Canaria. O seu rival chega coa auga ao pescozo despois de non sumar ningunha vitoria nas oito primeiras xornadas. Carrión xógase o posto. Promete que vai ser un encontro espectacular entre dous equipos que non especulan.
Equipo do Celta. Volven ao equipo titular Manquillo, Starfelt, Hugo Álvarez, Beltrán, Aspas e Williot.
𝑷𝒐𝒍𝒐 𝑹𝒆𝒂𝒍 𝑪𝒍𝒖𝒃 𝑪𝒆𝒍𝒕𝒂... 𝒙𝒐𝒈𝒂𝒓𝒂́𝒏... 🩵#LasPalmasCelta ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/xKz7gj9QTW
— RC Celta (@RCCelta) October 5, 2024
Liña continuísta no equipo do As Palmas cun Carrión que se xoga o posto. Só dous trocos (Viti e Javi Muñoz) con respecto ao equipo que perdeu no Madrigal
⚔️ ¡Aquí está nuestro XI inicial para medirnos al @RCCelta!
— UD Las Palmas (@UDLP_Oficial) October 5, 2024
¡#VamosUD! 💛💙#LasPalmasCelta #LaUniónHaceLasPalmas #LaUniónDePorVida #75AniversarioUD #PíoPío pic.twitter.com/cbwPvcl1iF
Comezou o partido en Gran Canaria. As Palmas 0-0 Celta
Primeira aproximación do Celta por parte de Hugo Álvarez e Ilaix, que acaba nun córner sen consecuencias
Boa ocasión das Palmas. Internada de Essugo, e o seu remate sácao Guaita a córner
Man a man de Fabio Silva, e Guaita volve enviar a córner
Gol anulado do Celta. Xogada de Mingueza, remata Borja Iglesias ao pau, e colle o rexeitamento Swedberg para marcar. Pero o tanto é anulado por fóra de xogo do Panda
GOOOOOOOOOOL do Celta. Agora si. Centra Mingueza desde a dereita, e remata Borja Iglesias ao fondo da rede. As Palmas 0-1 Celta
Centro perigoso desde a dereita de Januzaj, e para Guaita abaixo con seguridade
Borja Iglesias recupera recolle un balón a 40 metros, e proba fortuna. O balón marcha preto do pau
Descanso en Gran Canaria. As Palmas 0-1 Celta
Comeza a segunda parte en Gran Canaria. As Palmas 0-1 Celta (Borja Iglesias)
Falta perigosa a prol das Palmas, pero a barreira despexa a córner
Remate de Fabio Silva, desviado
Ilaix Moriba, expulsado. O xogador do Celta ve dous cartóns rigorosos, especialmente o segundo, en so un par de minutos. O Celta terá que xogar case toda a segunda parte con 10
Expulsado Iago Aspas. O moañés ve tamén o cartón vermello, e o Celta queda con 9 xogadores
Estírase agora o Celta, e Douvikas ten unha gran ocasión, cun remate que puido ser o 0-2
Paradón de Guaita a saque dunha falta
O Celta segue aguantando como pode o asedio das Palmas con dous xogadores menos
Remate lonxano de Moleiro, e despexa con apuros Guaita
Remate claro de Moleiro, que se pasea e marcha lambendo o pau
Centro de Campaña. e o remate de Mata estrélase no pau
FINAAAAAAAAAL do partido en Gran Canaria!!!! Aguantou o Celta con dous xogadores expulsados. Primeira vitoria fóra de Balaídos