O Celta non pode cun Xetafe con 10 nun partido tolo en Balaídos (2-2)
O Celta tivo que igualar dúas vantaxes visitantes, e Aspas estragou un penalti
A expulsión de Domingos á media hora resultou clave
Minuto a minuto
Ás 18:30 comeza en Balaídos o partido corrspondente á 9ª xornada da Liga entre o Celta e o Xetafe.
Este é o XI inicial de Rafa Benítez para o partido. O técnico volve á defensa de catro, con Starfelt e Unai de centrais, e dálle entrada a Carles Pérez pola banda. Tamén volven ao equipo Ristic, Luca de la Torre e Iago Aspas
📋✅ O noso ??𝗜 🆚 @GetafeCF!#CeltaGetafe ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/VpEGrLfQ85
— RC Celta (@RCCelta) October 8, 2023
E este é o XI inicial que presenta Bordalás no Xetafe
¡Nuestra alineación para enfrentarnos al @RCCelta en la tarde de hoy! 🙌#VamosGeta | #CeltaGetafe pic.twitter.com/DFLe6WRxFx
— Getafe C.F. (@GetafeCF) October 8, 2023
Comezou o partido en Balaídos! Celta 0-0 Xetafe
GOL do Xetafe. Borja Mayoral marca o 0-1

Centro de Mingueza desde a dereita, e Larsen erra no remate de cabeza
Penalti a prol do Celta na mesma xogada por unha patada sobre Unai no primeiro pau
Tira Iago Aspas, e o balón estrélase no poste de David Soria

Contra que cae nos pés de Larsen, asiste a Carles Pérez, e o seu remate sae moi desviado
GOOOOOOOOOOOL do Celta. Empata Bamba logo dun pase de Luca de la Torre desde a esquerda
Expulsión de Domingos Duarte por dobre cartón. O segundo, logo de agarrar a Strand Larsen
Gol do Xetafe. Greenwood aproveita unha contra xusto despois de que o equipo madrileño quedase con 10
Remata un córner Starfelt, e atrapa abaixo David Soria
GOOOOOOOOOOOOL do Celta!!! Larsen colle o rexeitamento de Soria a un remate de Aspas e marca o empate. A xogada foi revisada polo VAR
Cabezada de Larsen á saída dun córner, parou Soria
Descanso en Balaídos: Celta 2-2 Xetafe
Comeza a segunda parte en Balaídos
Remate lonxano de Unai, para David Soria
Lesionouse un dos árbitros asistentes en Balaídos. Xogo parado mentres se prepara o cuarto árbitro para substituílo
Remate de Hugo Sotelo desde a frontal, o balón marcha alto
Boa xogada ofensiva do Celta, e o remate final de Bamba bate en Gastón e marcha a córner
Remate afastado de Larsen que sae lambendo o pau

Dúas paradas providenciais consecutivas de Soria a remates de Larsen e Hugo Sotelo
Remate de Iago Aspas, para David Soria
Final do partido en Balaídos: Celta 2-2 Xetafe