O Valencia leva os puntos de Balaídos cun gol no minuto 88 (1-2)
Redúcese do Celta cos valencianos (2 puntos), pero mantense co descenso (5 puntos)
Seferovic empatou o gol de Kluivert pero o canteirán Marí marcou na última ocasión do partido
Minuto a minuto
Ás 14:00h comeza o partido de Balaídos: Celta - Valencia
Este é o XI inicial do equipo de Carlos Carvalhal:
📋✅ O noso 𝗫𝗜 inicial 🆚 @valenciacf_vale!#CeltaValencia #LaLiga pic.twitter.com/6DzudRhd7K
— RC Celta Galego (@RCCeltaGL) May 14, 2023
E este é o XI inicial do equipo de Rubén Baraja, que busca un bo resultado para achegarse á salvación:
⚽ XI INICIAL 🆚@RCCelta#CeltaValencia 🔵🦇#CORVCF | #ADNVCF pic.twitter.com/J0fzEYeMpE
— Valencia CF (@valenciacf_vale) May 14, 2023
Comezou o partido en Balaídos
GOL do Valencia. Marca Justin Kluivert aproveitando un servizo desde a dereita
Dispara Carles Pérez desde fóra da área, despexa Mamardashvili
Córner que remata Renato Tapia moi forzado, o balón márchalle desviado
Carles Pérez remata raso unha boa ocasión, detén Mamardashvili
Descanso en Balaídos. Celta 0-1 Valencia logo dunha primeira parte con poucas ocasións, na que acabou dominando o equipo vigués. Na última ocasión pediuse un posible penalti sobre Unai Núñez.
Comeza a segunda metade en Balaídos
Dispara Samuel Lino por abaixo, detén con seguridade Iván Villar
Saca unha falta Iago Aspas desde a dereita, o balón paséase sen que chegue ao remate Unai Núñez
Conduce unha contra Iago Aspas, remata raso Seferovic e desvía a córner Mamardashvili
Contra do Valencia, e chega Tapia para sacarlle o balón a Kluivert cando xa se preparaba para rematar a gol
Remate claro de Diego López á saída dun córner, e parada milagreira de Iván Villar co pé
GOOOOOOOOOOOOOL do Celta!!!!Celta 1-1 Valencia. Córner desde a dereita, e salta imponente Seferovic para cabecear á rede lonxe do alcance de Mamardashvili
Larsen encara a portería valencianista e Gabriel Paulista derrúbao. O colexiado saca o cartón amarelo e non o vermello
Ao pau Óscar no lanzamento de falta!!!!!
Marcha Seferovic mancado e entra Paciencia. Tamén trocos no Valencia
Cabezada de Paciencia ás mans de Mamardashvili
Gol do Valencia (1-2). Marca Marí cun gran remate de cabeza
Expulsado Gabriel Paulista por dobre cartón amarelo. Entrada durísima do brasileiro a Carles Pérez