O Celta perde contra o Real Madrid (1-2) nun partido moi disputado en Balaídos
Mbappé e Vinicius puxeron o acerto, mentres o equipo vigués so puido culminar unha ocasión co tanto de Swedberg
Boa imaxe dos de Claudio Giráldez, que tiveron o empate nas botas de Douvikas no tempo engadido
Minuto a minuto
Ás 21:00h comeza o partido de Balaídos. Celta-Real Madrid
Este é o XI titular do equipo de Claudio Giráldez
𝑷𝒐𝒍𝒐 𝑹𝒆𝒂𝒍 𝑪𝒍𝒖𝒃 𝑪𝒆𝒍𝒕𝒂... 𝒙𝒐??𝒂𝒓𝒂́𝒏... 🩵#CeltaRealMadrid ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/WUNM75rgdG
— RC Celta (@RCCelta) October 19, 2024
E este é o XI de Carlo Ancelotti por parte do Real Madrid
📋✅ ¡Nuestro XI inicial!
— Real Madrid C.F. (@realmadrid) October 19, 2024
🆚 @RCCelta@UnicajaBanco | #CeltaRealMadrid pic.twitter.com/wliVON4bN9
Comeza o partido en Balaídos. Celta 0-0 Real Madrid
Primeiro ataque do Celta, Borja asiste a Swedberg, que remata desviado. Pero estaba en fóra de xogo
Agora valeu a de Swedberg, quedou totalmente so diante de Courtois, pero o porteiro toca para enviar a córner
Remata Valverde desde a frontal da área e despexa Guaita
GOL do Real Madrid. Mbappé aproveita un erro na saída de Fran Beltrán e marca pola escuadra. Celta 0-1 Real Madrid
Balón para Borja Iglesias que marca, pero estaba en fóra de xogo
Remata Camavinga de lonxe, por riba do traveseiro
Centro de Valverde desde a dereita, cabecea Vinicius desviado
Xogada persoal de Vinicius, que remata desviado
Descanso en Balaídos. Celta 0-1 Real Madrid
Comeza a segunda metade en Balaídos co triunfo mínimo do Real Madrid grazas ao gol de Mbappé
Primeira ocasión á contra de Bellingham, que remata cruzado preto do pau
GOOOOOOOOOOOL do Celta!!!!!!!!XOgada de tiraliñas do equipo vigués, centro de Mingueza desde a dereita, e Swedberg remata a pracer para empatar. Celta 1-1 Real Madrid
Contra do Real Madrid que remata en gol de Vinicius, anulado por fóra de xogo de Mbappé
Centro chut de Swedberg ao que non chega Borja Iglesias
Mbappé recolle un balón morto, remata e despexa Manquillo
GOL do Real Madrid. Vinicius marca no man a man con Guaita. Celta 1-2 Real Madrid
Disparo de Bamba, ás mans de Courtois
Remata Bamba co exterior, parada abaixo de Courtois
Disparo de Mingueza que sae ben preto do pau
Remate de Alfon abaixo e atrapa sen problemas Courtois
Centro de Alfon desde a dereita, e Douvikas remata desviado diante de Courtois
Final do partido en Balaídos. Celta 1-2 Real Madrid