Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta perde co Raio (1-2) e terá que confirmar a praza Europea en Xetafe

O Celta perde co Raio (1-2) e terá que confirmar a praza Europea en Xetafe

O equipo vigués adiantouse cun penalti de Marcos Alonso, pero o Raio remontou antes do descanso

A vitoria do Osasuna obriga aos vigueses a gañar en Xetafe ou agardar que non gañen os seus rivais

G24.gal 18/05/2025 17:53

Minuto a minuto

Ás 19:00h comeza a xornada unificada na Primeira División. O Celta recibe ao Raio Vallecano, rival que chega a Balaídos un posto e catro puntos por detrás. Este é o XI inicial de Claudio Giráldez para asegurar a clasificación para as competicións europeas. Precisa polo menos un punto contra os madrileños

E este é o XI inicial que vai presentar o Raio Vallecano

1'

Comeza o partido en Balaídos!! Celta 0-0 Raio Vallecano

6'

Pablo Durán rouba na frontal e intenta sorprender de lonxe, pero o remate marcha moi desviado

7'

Penalti por mans de Lejeune!!

9'

GOOOOOOL do Celta!!!! Marcos Alonso transforma o penalti ao Panenka!!!! Celta 1-0 Raio Vallecano

17'

Gol do Raio. Remata coa cabeza Isi a centro do Pacha Espino desde a esquerda

21'

Remata Ristic, e o balón marcha moi cruzado

29'

Isi remata fóra outro servizo de Espino desde a esquerda

33'

Bo pase de Mingueza que asiste a Fer López. O canteirán móvese moi ben na área e acaba rematando, o balón sae a córner

45+2'

Gol do Raio. De Frutos adianta ao equipo madrileño cun bo movemento na área. Celta 1-2 Raio

45+4'

Descanso en Balaídos. Celta 1-2 Raio Vallecano

46'

Comeza a segunda metade en Balaídos. Celta 1-2 Raio Vallecano

47'

Ocasión clarísima do Celta!!! Remata Pablo Durán, e despois Fer López. O balón sae rexeitado por Balliu e os vigueses piden man de Pathé Ciss, pero estaba apoiada no chan

50'

Outra ocasión clara, o balón chégalle a Williot, que busca o pau longo. O balón marcha moi cruzado

66'

Asedio do Celta sobre a portería de Batalla. Os achegamentos son constantes. O último, un remate de Marcos Alonso que sae rexeitado a córner

71'

Segue atacando o Celta, xa con Iago Aspas no campo. Remate lonxano de Mingueza, que para Batalla

90+4'

Dobre ocasión clarísima do Celta á saída dunha falta!!! Primeiro remata Fran Beltrán, rexeita Batalla, e o balón cáelle a Javi Rodríguez. A cabezada do central toca en Ciss e acaba nas mans do porteiro

90+6'

Final do partido en Balaídos. Celta 1-2 Raio Vallecano. O Celta precisa gañar en Xetafe na última xornada para asegurar a praza europea

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos