O Celta domina e crea un feixe de ocasións, pero perde co Mallorca
O Celta domina e crea un feixe de ocasións, pero perde co Mallorca
Bamba anotou un gol pantasma que acabou anulando o VAR
Muriqi marcou o 0-1, que xa sería definitivo, aos 84 minutos
Minuto a minuto
Ás 18:30 horas comeza o partido de Balaídos:
Real Club Celta - Real Club Deportivo Mallorca
O equipo vigués volve á casa, logo de senllas derrotas nos dous primeiros partidos como local
Este é o XI de Rafa Benítez para o partido. So hai un cambio con respecto ao partido de Almería, debuta Mihailo Ristic no posto de Manu Sánchez
📋✅ O noso 𝗫𝗜 inicial 🆚 @RCD_Mallorca! #CeltaRCDMallorca | #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/eAsG1ZdLE4
— RC Celta Galego (@RCCeltaGL) September 16, 2023
E este é o XI inicial de Javier Aguirre para xogar contra o Celta en Balaídos
👹 Els meus. 𝗘𝗹𝘀 𝘁??𝘂𝘀. 🖤 pic.twitter.com/PidnEQQOhf
— Real Mallorca (@RCD_Mallorca) September 16, 2023
Comeza o partido en Balaídos
Primeiro cartón do partido para Luca de la Torre
Falta a prol do Celta con cartón para Nastasic, e quedan mancados Bamba e Unai Núñez logo de chocar cando intentaban rematar de cabeza
Toni Lato recibe na frontal da área e o seu remate sae moi cruzado
Remata Muriqi, despexa Iago Aspas baixo os paus
Remate de chilena de Iago Aspas, pero o balón marcha por riba do traveseiro
Reviravolta de Larsen na frontal, remata cruzado e Rajkovic mete a perna, pero o árbitro indica saque de porta
Descanso en Balaídos. Non se moveu o 0-0 inicial malia un par de boas ocasións para cada equipo
Comeza a segunda parte sen goles en Balaídos
Remate de Fran Beltrán desde fóra da área, despexa Rajkovic a córner
Remate de Starfeld ao pau á saída dun córner
Posible penalti por unha derruba a Bamba sen balón na área, pero o árbitro non asubía nada
Despexa Iván Villar un disparo afastado de Samu
Iago Aspas caza un balón aéreo na área e o seu remate sae moi alto
Centro de Iago Aspas, remata Bamba e o balón peta no traveseiro, bota e volve ser rexeitado polo pau. O árbitro da gol inicialmente, pero o VAR revisa a xogada e non lle dá validez ao gol.
Douvikas queda so diante de Rajkovic, e o porteiro saca unha man salvadora para enviar a córner
Maffeo saca o balón da liña de gol cando chegaba Douvikas para empuxala
Gol do Mallorca. Muriqi remata na área pequena para marcar o 0-1 cando mellor estaba a xogar o Celta
Amath remata con vantaxe logo dun erro defensivo do Celta, pero o seu remate sae desviado
Remata de cabeza Unai Núñez, para Rajkovic
Final do partido en Balaídos
Celta 0-1 Mallorca