O Celta recibe tres goles en oito minutos e acaba perdendo co Barcelona
O equipo vigués adiantouse por medio de Larsen, e Douvikas puxo o 0-2 no 79
Dous goles de Lewandowski igualaron o choque, e sentenciou Cancelo
Minuto a minuto
Ás 18:30h comeza o partido en Montjuic: FC Barcelona - RC Celta
Este é o XI inicial de Rafa Benítez para o partido
📋✅ O noso 𝗫𝗜 🆚 @FCBarcelona!#BarçaCelta | #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/ziBHMWzcrf
— RC Celta (@RCCelta) September 23, 2023
E este é o XI inicial do Barcelona de Xavi Hernández
🚨 BARÇA XI! 🚨#BarçaCelta pic.twitter.com/4gPkmW9flq
— FC Barcelona (@FCBarcelona) September 23, 2023
Comezou o partido en Montjuic. Barcelona 0-0 Celta
Primeira aproximación do Celta, recibe Iago Aspas na área, e o seu remate sácao Ter Stegen a córner
Goooooooooooool do Celta!!!!!!! Asiste Luca de la Torre e marca Larsen o 0-1
Remate de Joao Félix nunha gran posición, o balón marcha desviado
Centro de Bamba, remata fóra Iago Aspas
Remata Luca de la Torre, e o balón sae rexeitado pola defensa
Lesionado Larsen, que precisa atención. Prepárase o primeiro cambio no Celta pero Larsen volve ao terreo de xogo
Clarísima ocasión do Celta. Remate de Larsen que saca Ter Stegen cun paradón e o rexeitamento cáelle a Luca de la Torre, que remata arriba
Descanso en Montjuic. O Celta leva vantaxe (0-1) grazas ao gol de Larsen aos 19 minutos
Comeza a segunda parte no Estadio Lluis Companys. Xavi fixo dous cambios no descanso: entraron Ronald Araújo e Lamine Yamal en substitución de Oriol Romeu e Marcos Alonso
Rouba Bamba un balón, entra na área e cae. O árbitro non sinala nada
Remate de Lewandowski desde a frontal, o balón marcha desviado
Internada de Iago Aspas na área, e o seu remate peta en Cristensen
Rouba o Barcelona logo dun erro de Ristic, remata Ferrán diante de Iván Villar, o balón marcha fóra
Nova internada de Ferrán, que remata ao lateral da rede
Remate de Bamba, e Ter Stegen volve despexar a córner
GOOOOOOOOOOOOOOL do Celta!!!!!! Rouba o equipo vigués, Iago Aspas asiste en longo a DOuvikas, e o grego marca o seu primeiro tanto no man a man
GOL do Barcelona. Acurta diferenzas Lewandowski cun remate picado por riba de Iván Villar
GOL do Barcelona. Empata Lewandowski logo dunha acción de Cancelo
GOL do Barcelona. Joao Cancelo completa a remonta
Remate de Mingueza desde dentro da área, o balón marcha desviado
Final do partido en Montjuic, O Celta desaproveita un 0-2 e acaba perdendo