Naufraxio do Celta en Mendizorroza
Os de Giráldez non conseguen atopar o seu xogo ante o Alavés (3-0)
Minuto a minuto
Ás 18:30 horas comeza o partido en Mendizorroza entre o Alavés e o Celta
Este é o XI de CLaudio Giráldez:
📋✅ O noso 𝗫?? 🆚 @Alaves!#AlavésCelta ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/A7BrTJXMcg
— RC Celta (@RCCelta) April 27, 2024
E este é o equipo inicial do Deportivo Alavés:
👥 Nuestro 𝗢𝗡𝗖𝗘 𝗜𝗡𝗜𝗖𝗜𝗔𝗟 🆚 @RCCelta
— Deportivo Alavés (@Alaves) April 27, 2024
¡¡¡A por la segunda victoria consecutiva!!!#AlavésCelta#Mendi100 | #GoazenGlorioso ⚪️🔵 pic.twitter.com/RmLnH09MyF
COMEZA O PARTIDO EN MENDIZORROZA!
O Alavés arrincou con dous balóns recuperados preto da área celeste. O Celta só conseguiu saír cunha condución de Hugo Álvarez que non rematou en perigo.
Carreira de Kike García que pon un centro ao que ninguén chega. A máis clara por agora foi para os locais.
O Celta amasou agora algo máis de balón. O Alavés atópase cómodo saíndo en transición rápida e os de Giráldez buscan controlar o xogo.
Xogada en campo contrario do Celta que rematou cun centro de Jaílson. Cada vez máis cómodo o equipo galego. Tivo unha despois Carlos Vicente que case remata en gol, non chegou e rematou sacando Carles Pérez.
Outra na que o Alavés chega por banda e consegue centrar Carlos Vicente. Foise moi alto ese balón.
Balón longo de Benavídez que a duras penas sacou Mingueza. Non está o Celta conseguendo defenderse do xogo directo cando o Alavés o intenta.
O Celta non está cómodo co balón e non é quen de progresar con facilidade nin xerar perigo. Balón agora longo de Mingueza que non chega a ningures.
EXPULSADO CARLES PÉREZ! Foi derrubado Carles Pérez e ao revolverse no chan golpeou levemente a Rubén Duarte que reaccionou como se fora agredido, está a revisar o VAR a acción.
RETIRADA A EXPULSIÓN A CARLES PÉREZ! Tras revisar a acción o colexiado cambia a tarxeta vermella por unha amarela. Tamén levou un cartón da mesma cor Rubén Duarte.
Estase a enlamar o partido. Agora cartón para Antonio Blanco por unha falta sobre Carles Pérez. O centro do Celta non atopou rematador.
Case a perde Unai Núñez na súa propia área! Non atopaba saída o equipo de Giráldez e perdeu o balón ante a presión do Alavés.
Uiiii Guridi! Case anotan os locais nunha xogada por banda esquerda que rematou Guridi. Houbo logo un córner que finalizou o Alavés sen atopar porta. Non está cómodo o Celta.
Outro córner para o Alavés, nesta ocasión remate clarísimo de Kike García completamente só que envía á dereita da portería de Guaita.
Outra para o Alavés! Chegoulle o balón Carlos Vicente que rematou coa perna dereita e conseguiu botala fóra Guaita. Está chegando cada vez con máis perigo o Alavés.
Case se lía Unai nun balón longo en dirección a Kike García. Segue sen coller aire o Celta.
Xogo parado. Pitou agora Pulido Santana falta de Douvikas despois de que Rubén Duarte o bloqueara e se puxera na súa traxectoria. A ver canto engade o colexiado.

Parada de Guaita!! Ocasión clarísima do Alavés a que Kike García rematou a queimarroupa sen precisión. Está a telas moi moi claras o Alavés e o Celta non é quen de asustar.
Agora conseguiu saír o Celta nun balón longo sobre Aspas e Douvikas. Falta sobre o grego de Rubén Duarte pouco máis adiante do centro do campo.
Tivo un córner o Celta pero non xerou perigo. O Alavés bombardeando a balóns longos, sacou outro córner Gorosabel.
3 de engadido!
Tiro alto de Douvikas! Boa manobra de Hugo Álvarez pola esquerda e golpeou o grego buscando sorprender.
DESCANSO EN MENDIZORROZA!!! O mellor para o Celta é o resultado, que non foi quen de atopar claridade en ningún momento e viu como o Alavés desaproveitaba ocasións moi claras. Veremos se na segunda parte melloran os de Giráldez porque o Alavés foi moi superior ata o momento.
REANÚDASE O XOGO EN MENDIZORROZA! Vexamos que nos depara esta segunda parte.
GOL DO ALAVÉS!!! Balón longo de Sivera que remata nos pés de Kike García o cal a pon para Simeone e este adianta aos locais. Xarro de auga fría para o Celta nada máis comezar o segundo tempo.
OUTRO DO ALAVÉS!! Outra xogada sacada por Sivera dende saque de porta na que Mingueza cede o balón para Guridi que define só diante de Guaita. Erro impropio que dificulta moito o partido para o Celta.
Cambios no Celta, entran Swedberg e De La Torre e saen Manu Sánchez e Unai. Intentando resucitar ao equipo Giráldez tras encaixar dous goles en cinco minutos.
Outra do Alavés!! Centro lateral que rematou Kike García diante de Guaita. Segue sen impoñerse o Celta, unha das peores versións dende a chegada de Giráldez.

Volve a parar Guaita unha internada pola esquerda do Alavés. Moi fráxil defensivamente o Celta.
Córner para o Celta que non colle altura. Parece intentalo o Celta agora cun pouco máis de balón.
Ao pau o Alavés! Guridi tivo o segundo nunha transición rápida que bateu na madeira. Dous cambios do Celta:Entran Hugo Sotelo e Allende e marchan Douvikas e Beltrán.
Esgotou os cambios o Celta. Sae Carles Pérez e entra Miguel Rodríguez.

Cartón amarelo agora para Sivera por perder tempo. Saen tamén Kike García e Carlos Vicente e entran Sola e Samu Omorodion.
TÍVOA ASPAS! Centro de Allende que Iago envía por enriba do longueiro cando chegaba en carreira. A primeira clara do Celta chegou case no minuto 85.
TERCEIRO DO ALAVÉS! Remate a pracer de Benavídez tras unha falta lateral botada por Álex Sola. Partido para esquecer dos de Giráldez.
SEIS DE ENGADIDO! A nada de rematar un encontro que foi un pesadelo para o Celta.
Centrou agora Aspas dende a dereita mais ninguén apareceu. Últimos intres do partido.
FINAL DO PARTIDO EN MENDIZORROZA! Alavés 3-0 RC Celta. Os de Giráldez caeron sen tirar nin unha soa vez a portería en todo o partido, e o Alavés xerou para gañar por máis mais non materializou. Á espera agora do partido do Cádiz para determinar a canto queda o descenso.