Publicador de contidos

Publicador de contidos

Emotiva homenaxe sorpresa do Celta ao doutor Cota

Emotiva homenaxe sorpresa do Celta ao doutor Cota

O xefe dos servizos médicos do Celta recibiu o cariño de adestradores e de xogadores que coincidiron con el

Emociounouse coa mensaxe da súa familia

Foto @RCCelta
G24.gal 07/02/2023 13:09 Última actualización 07/02/2023 13:43

O xefe dos servizos médicos do Celta, o doutor Juan José García Cota, deixaba hai unhas semanas de formar parte do corpo médico da selección española absoluta tras máis de vinte anos de vinculación á Federación Española. Con este motivo, o club vigués quixo facerlle unha homenaxe en forma de vídeo. Un documento audiovisual coa participación de xogadores e técnicos que coincidiron con el, así como da súa esposa e fillos, e, en representación do propio Celta, Iago Aspas e Carlos Mouriño, que o facultativo, moi emocionado, cualifica como "encerrona", porque foi convocado para unha entrevista e atopouse coa sorpresa.

Cota emocionouse ao escoitar os testemuños dos que foron seleccionadores con el Luís Enrique, Julen Lopetegui e Vicente do Bosque, así como dunha ampla lista de futbolistas que inclúe a Thiago Alcántara, Sergio Busquets, Andrés Iniesta, Sergio Ramos, Iker Casillas, Xabi Hernández, Xabi Alonso, David Villa, Juanfran Torres, Juan Mata, Pedro Rodríguez, Pepe Reina, Joan Capdevila ou Raúl Albiol, mais o doutor Óscar Celada, entre outros. Todos expresan o seu agradecemento pola maneira que tivo de tratarlles cando coincidiron.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos