Cargando resultados...
Eduardo Coudet regresa da Arxentina e xa prepara o partido ante a Real Sociedade
Non estivo nos partidos ante o Betis e o Barcelona por un problema persoal
Foto @RCCelta
G24.gal
11/10/2022 11:54
Última actualización 11/10/2022 12:03
Eduardo Coudet está de volta en Vigo e xa traballa co Celta. Despois de algo máis dunha semana no seu país, A Arxentina, ao que viaxou por un problema persoal pouco antes da disputa do partido ante o Betis, o Chacho puido retomar as rendas do equipo na primeira sesión de traballo da semana.
Tras descansar onte, os célticos empezan hoxe a preparar o duelo fronte á Real Sociedade en Balaídos, e fano xa co seu técnico sobre o terreo.
¡𝐄𝐥 𝐂𝐡𝐚𝐜𝐡𝐨 𝐞𝐬𝐭𝐚́ 𝐞𝐧 𝐜𝐚𝐬𝐚!
— RC Celta (@RCCelta) October 11, 2022
Qué alegría verte de nuevo 💙 pic.twitter.com/GkVUV97npP