Publicador de contidos

Publicador de contidos

Edu Sousa volve á Coruña para pelexar pola portería do Deportivo

Edu Sousa volve á Coruña para pelexar pola portería do Deportivo

Xogou cando era xuvenil e nos primeiros anos sénior no Fabril

Foi o capitán do Pontevedra e as dúas últimas temporadas estivo no Talavera

G24.gal 29/06/2022 19:17

O Deportivo fichou a Edu Sousa para a portería. O tudense é un vello coñecido da afección deportivista logo de rematar o seu periplo xuvenil na Coruña e estar no Fabril, equipo onde tivo poucas oportunidades de destacar. 

A súa constancia e filosofía de traballo fixeron que o éxito lle chegara no Pontevedra. No cadro granate converteuse nun símbolo e capitaneou o cadro pontevedrés, co que logrou o ascenso a Segunda B e xogou unha fase de ascenso a Segunda A. 

Hai dúas temporadas buscou un novo proxecto en Talavera, onde foi o porteiro titular. Agora volve á Coruña máis dunha década despois para pelexar por un posto con Ian Mackay. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade