Cargando resultados...
Douvikas e a súa paixón polo billar; algo máis que un pasatempo
O dianteiro grego confesa o seu amor por estoutro deporte, que lle axuda á hora de xogar ao fútbol
G24.gal
13/10/2023 15:10
Descubrimos cal é a outra paixón do goleador celeste Douvikas. Ao dianteiro grego encántalle xogar ao billar. De feito encargou unha mesa nada máis chegar a Vigo. A súa vida repártese entre o fútbol e o billar.
"Gústanme o fútbol e o billar ao cincuenta por cento. Xogo demasiado, a dicir verdade".
"Para xogar ao billar hai que ter moita tranquilidade e é algo que me serve para o fútbol. É unha combinación moi boa".