Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous golazos de Carmona condenan o Ourense C. F. en Guijuelo

Dous golazos de Carmona condenan o Ourense C. F. en Guijuelo

O equipo ourensán apaña a cuarta derrota consecutiva

Foto: @clubdepguijuelo
G24.gal 12/03/2023 20:15

O Ourense C. F. non pode saír da mala dinámica en que se atopa, e que xa o levou a acumular catro derrotas consecutivas. A última apañouna en Guijuelo, diante dun rival que levaba sete xornadas sen gañar.

Os de Rubén Domínguez fixeron méritos para traer algo de terras salmantinas, pero as numerosas ocasións que crearon non se traduciron en ningún gol. Todo o contrario lle aconteceu ao equipo local, un Guijuelo que se encomendou ao acerto de Carmona. O andaluz acadou dous golazos, o primeiro xusto antes do descanso, e o segundo a volta de pausa. Un dous a cero que deixaba a remontada como unha misión imposible.

O Ourense C. F. xa non foi quen de meterse no partido, e acabaría en inferioridade numérica logo da expulsión de Jerín, por unha entrada castigada polo árbitro. A derrota mete o Ourense C. F. en posto de 'play out', e os das Burgas ollan a dous puntos os postos de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar