Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arrestado en Toledo o "Pablo Escobar" español da heroína

Arrestado en Toledo o "Pablo Escobar" español da heroína

Mercaba a droga nos Países Baixos para vendela en Madrid, Castela e Estremadura

G24.gal 16/01/2022 16:51 Última actualización 20:00

A Policía detivo en Toledo o "Pablo Escobar" español da heroína. É o principal importador desta droga en España. Mercábaa nos Países Baixos para vendela en Madrid, Castela e Estremadura.

Hai outros nove arrestados, e os axentes aprehenderon ademais 55 quilos de heroína, unha das maiores incautacións dos últimos anos.

Este é o lugar da detención, unha gasolineira de Toledo. O considerado o Pablo Escobar español entra no local seguido por un dos policías que participaron na operación. Pouco despois volve aparecer custodiado polos axentes.

Tras cachealo e rexistrar o vehículo, a policía traslada o detido á comisaría. Segundo os investigadores, é o principal importador de heroína en España.

"Incautáronse de 55 quilos de heroína, unha das maiores incautacións de droga dos últimos anos. Contaba coa súa base de operacións na provincia de Toledo e realizaba grandes adquisicións de droga procedente dos Países Baixos para distribuíla en Madrid, Castela e León, Castela-A Mancha e Estremadura", explica María Buyo, voceira da Policía Nacional.

Ademais, está relacionado cun grupo internacional dirixido por un cidadán turco coñecido como o Paralítico. A policía comprobou que o detido viaxara dúas veces a Istambul, o ano pasado, para negociar persoalmente coa organización turca a importación dos cargamentos de droga.

Os axentes arrestaron outras nove persoas e rexistraron varias vivendas en Madrid, Toledo e Cáceres. Tamén localizaron unha prensa para fabricar os paquetes de heroína, 21.000 euros en efectivo, armas, munición, teléfonos móbiles e seis coches.

Publicidade
Publicidade
Publicidade