Cargando resultados...
Derrota dun Deportivo Abanca que protestou un gol anulado no treito final
Derrota dun Deportivo Abanca que protestou un gol anulado no treito final
O único gol marcouno Raquel García na súa propia porta no minuto 3
G24.gal
10/11/2024 13:54
O Deportivo Abanca perdeu diante da Real Sociedade por 0-1. O único gol do partido chegou aos tres minutos cun autogol da capitá coruñesa Raquel García.
Os dous equipos tiveron moitas ocasións para mover o marcador, pero ningún dos dous foi quen de aproveitalas. Cando menos ata o minuto 88, cando a defensa local Vera marcou un gol que foi anulado por unha suposta falta á porteira da Real.