Denunciado en Poio por roubar corrente dun farol para cargar un vehículo eléctrico
É un electricista de Granada que fixo un adaptador caseiro para roubar corrente desde o poste da luz
Está acusado de roubar electricidade e a Policía Local puxo os feitos en ocñecemento do xulgado

Axentes da Policía Local de Poio denunciaron un home por subtraer corrente dun farol por medio dun enganche ilegal para cargar o seu vehículo eléctrico.
Requiriuse a presenza da Policía Local na tarde do xoves para comprobar a posible fraude no fluído eléctrico na explanada da Seca.
Alí observaron un vehículo Twizy Y-Tech eléctrico 100% que se cargaba directamente na rede eléctrica. O propietario do turismo é un electricista de Granada que fixo un adaptador caseiro para roubar corrente desde o farol.
Os axentes puxeron os feitos en coñecemento do xulgado, por un suposto delito leve de defraudación de fluído eléctrico.