Cargando resultados...
Debate dos candidatos á alcaldía de Lugo
Coa participación de Elena Candia (PPdeG), a actual alcaldesa Lara Méndez (PSdeG), Rubén Arroxo (BNG) e Olga Louzao (Ciudadanos)
G24.gal
19/05/2023 09:05
O debate dos candidatos á alcaldía de Lugo conta coa participación de Elena Candia (PPdeG), Lara Méndez (PSdeG), Rubén Arroxo (BNG) e Olga Louzao (Ciudadanos).
Abordarán aspectos como o proxecto de cidade atendendo á mobilidade, urbanismo, vivenda e seguridade. Tamén falarán da dinamización económica focalizando no emprego, o comercio e o turismo, sen esquecer os servizos. E por último os participantes tratarán os posibles pactos para a gobernabilidade do concello lugués.