Publicador de contidos

Publicador de contidos

De Aldama irrompe na comparecencia de Leire Díez e acúsaa de mentir

De Aldama irrompe na comparecencia de Leire Díez e acúsaa de mentir

O empresario imputado na trama de hidrocarburos irrompeu na comparecencia de prensa da exmilitante socialista, que pensa denuncialo

"Non sabe o que fixo con vir aquí; van ver esta (Leire Díez), Santos Cerdán e o presidente do Goberno", advertiu

Leire Díez nega que traballe para o PSOE e di que as conversas sobre a UCO forman parte dunha investigación xornalística: "Nin fontaneira nin covarde"

Momento en que Víctor de Aldama irrompe na comparecencia de prensa de Leire Díez (EFE/ChemaMoya)
G24.gal 04/06/2025 11:01 Última actualización 04/06/2025 14:04

O empresario Víctor de Aldama, investigado no caso Koldo, apareceu este mércores durante a comparecencia de Leire Díez ante a prensa tras solicitar a súa baixa temporal como militante do PSOE e asegurou que "mentiu en todo".

Aldama, que seguiu ata a porta á muller unha vez que terminou a súa declaración, dixo aos medios que é "unha desvergonzada" e que "todo isto é unha pantomima".

O empresario, que estaba sentado entre o público asistente á comparecencia, ameazouna a ela, a Santos Cerdán e ao presidente do Goberno: "Non sabe o que fixo con vir aquí; van ver esta (Leire Díez), Santos Cerdán e o presidente do Goberno", advertiu.

O empurrón de Pérez Dolset a Aldama: "Empuxoume como un macarra"

Cando rematou a súa declaración ante os medios, Aldama achegouse a Díez para recriminarlle as súas palabras e perseguiuna uns metros no momento no que abandonaba a sala do hotel onde convocou a prensa.

Nese momento produciuse un forcexo entre Aldama e o empresario Javier Pérez Dolset, que o empuxou para evitar que se achegara a Leire Díez. Dolset, que aparecía xunto a exconcelleira socialista na gravación na que ambos pedían información comprometedora de mandos da Garda Civil.

Aldama, que asegurou que acudira ata a comparecencia de prensa "en calidade de amigo", proferiu insultos contra ela tras a súa declaración ante os medios: "Esta señora é unha desvergonzada, ao señor Ábalos expulsárono directamente do partido. Vostedes como xornalistas ameazan a un tenente coronel dicindo que estea morto ou ameazan a un civil como a min?", dixo o presunto conseguidor do caso Koldo.

Nunha entrevista posterior en Telecinco, recollida por Europa Press, Aldama denunciou que o empresario Javier Pérez Dolset empuxouno "como un macarra" e "case chegando ás mans".

E concluíu: "Paréceme incrible que vaia dar unha rolda de prensa para rirse de todos os españois, dos xornalistas, e de todo o mundo. Paréceme indignante".

Leire Díaz di que emprederá accións legais.

Vou denunciar, por suposto, o que fixo hoxe carece de sentido", indicou en declaracións a Telecinco, recollidas por Europa Press, apuntando ademais que viviu "asustada" este episodio.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade