Publicador de contidos

Publicador de contidos

David Sánchez, irmán do presidente do Goberno, declara no xulgado como investigado

David Sánchez, irmán do presidente do Goberno, declara no xulgado como investigado

A xuíza instrutora do caso toma declaración este venres a catro investigados, entre os que tamén está un exempregado do Ministerio da Presidencia

David Sánchez á chegada ao xulgado este venres (EFE/Jero Morales)
G24.gal 25/04/2025 09:44 Última actualización 25/04/2025 14:18

A xuíza instrutora da causa aberta a David Sánchez iniciou pouco despois das 9:30 horas deste venres a toma de declaración ás cinco persoas citadas nesta xornada, catro delas en calidade de investigadas, entre elas o irmán do presidente do Goberno e un exempregado do Ministerio da Presidencia.

Na súa comparecencia, o irmán do presidente do Goberno só respondeu as preguntas do seu avogado. Explicou que, se lle dixo ao propietario dun piso na zona histórica da cidade que a praza era para el foi para darlle confianza e que soubese que era solvente. Asegurou que o fixo de maneira prospectiva por se gañaba o concurso.

A ese concurso tamén se presentou a directora de orquestra Cristina de Frutos. Hoxe declarou como testemuña. Dixo que tiña a sensación que a praza xa estaba dada e que o proceso era ficticio.

A xuíza tamén investiga a contratación dun exasesor da Moncloa como asistente de David Sánchez. Este dixo que coñecía a Luis María Carrero dende había anos, pero negou estar implicado na súa contratación. Sánchez está a ser investigado por dous delitos: prevaricación e tráfico de influencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade