Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dani Rodríguez non está entre os obxectivos do Deportivo para o mercado de inverno

Dani Rodríguez non está entre os obxectivos do Deportivo para o mercado de inverno

O Deportivo ten tres prioridades: un lateral dereito, un defensa central e un mediocampista creador

G24.gal 23/12/2025 12:05 Última actualización 23/12/2025 12:09
O betanceiro Dani Rodríguez foi ofrecido ao Deportivo. O que fora canteirán deportivista vén de rescindir contrato co Mallorca e vía con bos ollos o retorno á nosa terra. Porén, o Deportivo, que busca un perfil máis novo, non moveu ficha e o xogador negocia a súa incorporación a outro club. Baralla ofertas da Liga e tamén unha moi boa do fútbol grego, pero a súa prioridade é continuar en España e na máxima categoría.
 
Dani Rodríguez despediuse dúas veces do mallorquinismo. Primeiro fíxoo cunhas declaracións aos medios do club e despois a través das súas redes sociais cunha carta. O futbolista galego rescindiu este xoves o seu contrato coa entidade balear tras unha traxectoria de sete tempadas e media.
 
Un lateral dereito, un defensa central e un mediocampista creador. Esas son as tres prioridades nas que traballa o Deportivo diante da inminente apertura do mercado de inverno.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade