Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cúmprense 15 anos dos peores atentados da historia de Noruega

Cúmprense 15 anos dos peores atentados da historia de Noruega

Un dobre ataque en Oslo e na illa de Utoia deixara 77 falecidos 

G24.gal 22/07/2026 13:08

"Teño material para 20 explosións e será todo ou nada", escribía Anders Breivik, días antes dos atentados.  Actuou primeiro en Oslo, cun coche bomba.  E aproveitando ese caos, dirixiuse á pequena illa de Utoia, onde centos de adolescentes participaban nun campamento das Xuventudes Laboristas, o partido do goberno. Disfrazado de policía, díxolles que ía informalos sobre o atentado de Oslo e disparoulles indiscriminadamente.

Morreron 77 persoas.  Algúns salváronse ocultos durante horas ou facéndose os mortos. Unha barbarie que deixou tamén exemplos heroicos, como algúns veciños rescatando con pequenas embarcacións os estudantes que escapaban a nado. 
O pesadelo rematou coa chegada da policía á illa. 

O autor do dobre atentado, islamófobo de extrema dereita e ultranacionalista, recoñeceu os feitos. Dixo que quería castigar o Partido Laborista por permitir a colonización musulmá. Xa antes do ataque, definíase nas redes como un templario, nunha cruzada contra as elites que permiten a islamización de Europa.  Foi condenado a 21 anos de prisión.

A matanza de Utoia marcou para sempre a sociedade norueguesa e, aínda hoxe, 15 anos despois, algunhas feridas permanecen abertas.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade