Cargando resultados...
Coudet podería recuperar a Kevin para o partido contra o Betis
G24.gal
30/12/2021 15:04
O Celta non volveu notificar ningún caso máis, polo que o gromo de covid mantense en 9 positivos. O club non revela o nome dos futbolistas contaxiados, pero hai 6 titulares habituais.
Entre positivos e mancados, dáse a particularidade de que a defensa é a parcela máis afectada polas baixas. Ata o punto de que Coudet só conta cun único defensa do primeiro equipo en plenas condicións nestes momentos.
A nova positiva podería ser a recuperación de Kevin. O de Nigrán, que se mancou o pasado 14 de decembro, no partido de Copa ante o Andorra, podería recibir a alta a tempo de xogar ante o Betis.
O fútbol español, sobrevive como pode