Publicador de contidos

Publicador de contidos

Coudet avanza que Tapia e Beltrán serán titulares no centro do campo ante o Madrid

Coudet avanza que Tapia e Beltrán serán titulares no centro do campo ante o Madrid

Coudet: "Non me queda máis que ser optimista, traballar, traballar e traballar"

G24.gal 19/08/2022 20:17 Última actualización 19/08/2022 20:39

Coudet adiantou o once titular do Celta que xogará ante o Real Madrid: Marchesín, Hugo Mallo, Aidoo, Unai Núñez, Javi Galán, Renato Tapia, Fran Beltrán, Óscar Rodríguez, Cervi, Paciencia e Iago Aspas.

Isto foi o máis destacado da súa conferencia de prensa:

"Non temos tocados, estamos todos. Tentamos aproveitar cos que chegaran no último momento, con eles adestramos algúns días en dobre quenda tratando de aproveitar cada día da mellor maneira. A predisposición é a mellor".

"Fanse duros os arranques, pero hai que traballar, ter confianza, tratar de ser protagonistas en cada partido, tratar de que sexa moito mellor o arranque que o do ano pasado desde a ilusión. Non me queda máis que ser optimista, traballar, traballar e traballar".

"Nunca me agarro cos árbitros porque deciden nunha milésima de segundo. Temos o VAR para corrixir, ás veces a favor e outras, en contra. Non me queixo do nivel da arbitraxe".

"Hai que xogar sen nada metido na cabeza dar un plus desde o corazón e a cabeza, transmitir de dentro a fóra. Iso a xente agradéceo moito. Oxalá regalar un triunfo contra un rival ao que fai moito que non se gaña".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade