Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cortada ao tráfico parte dunha rúa no barrio vigués de Teis polo risco de derrubamento dun edificio

Cortada ao tráfico parte dunha rúa no barrio vigués de Teis polo risco de derrubamento dun edificio

A casa afectada presenta a fachada desprazada debido á afectación por unhas obras próximas

google maps google maps
G24.gal 19/01/2026 20:13

O risco de derruba da fachada dun edificio obriga a cortar a circulación nun treito da rúa Santa Tegra, no barrio de Teis, en Vigo.

O edificio afectado, de baixo e primeiro piso, sitúase no número 49 da rúa e presenta a fachada desprazada debido á afectación por unhas obras próximas.

Ata o punto desprazáronse ao mediodía deste luns efectivos dos bombeiros de Vigo, para verificar a estabilidade e a seguridade estrutural do inmoble.

Para garantir a seguridade, estableceuse un perímetro de seguridade con valos e cortouse o tráfico rodado no tramo de rúa afectado, ademais de sinalizar e asegurar a zona.

Fontes municipais trasladaron que xa existe unha empresa contratada para a demolición "inminente" do inmoble.

Con todo, persoal do servizo de Urbanismo desprazarase á zona “á maior brevidade” para realizar unha nova inspección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade