Cargando resultados...
Ucraína comeza unha contraofensiva para recuperar Khersón
O alcalde de Khersón, imposto polo exército ruso, fuxiu e xa está en Rusia
G24.gal
30/08/2022 21:10
Comezou con éxito a contraofensiva ucraína para recuperar a provincia de Khersón. Levaban semanas preparándoa, atacando almacéns de munición, de armas e tamén as comunicacións na retagarda.
O luns pola tarde comezou o avance terrestre. Xa recuperaron varias pequenas poboacións e agora a batalla estase dando dentro da cidade. O alcalde de Khersón, imposto polo exército ruso, fuxiu e xa está en Rusia.
Todo isto coincide co regreso masivo de cidadáns ucraínos. Nas últimas 24 horas calculan que regresaron unhas cincuenta mil persoas pola estación de Leópolis.