Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúa a tendencia a alza na rendibilidade da compra de vivenda destinada a alugueiro

Continúa a tendencia a alza na rendibilidade da compra de vivenda destinada a alugueiro

Segundo o portal inmobiliario Idealista, a rendibilidade da vivenda para alugar en España medrou respecto ao ano pasado e sitúase no 7,2 %

En Galicia, a compra de vivenda destinada ao alugueiro continúa a ser un refuxio para o investimento

G24.gal 06/07/2022 21:19

En España mercar unha vivenda para arrendar é agora algo máis rendible. A rendibilidade bruta sitúase no 7,2 %, unha décima máis que a rexistrada en 2021. Segundo un estudo do portal Idealista, Lugo rexistra a rendibilidade máis alta de Galicia co 6,1 %, séguena Pontevedra e Ourense. Pola contra, A Coruña sería a menos rendible, cun 4,6 %. Pero no sector da cidade cuestionan esa cifra.

"Esa rendibilidade tan baixa débese a que no centro da cidade os pisos son máis caros, bastante máis caros, e se os dedicas ao alugueiro, a rendibilidade baixa, pero moita a xente merca esta clase de inmoble porque é un investimento con moitas garantías cara ao futuro", explica Isabel Cotelo, da inmobiliaria Será por casas e delegada na Coruña da Asociación Galega de Inmobiliarias (Agalin).

Alexandre Álvarez, da inmobiliaria Inmochalet, engade: "Si é certo que no treito de 60.000 a 80.000 euros a rendibilidade que máis soen demandarnos é mínimo do 5 %, e de aí en diante. Por iso, esa cifra entendo que como media pode soportala o mercado, pero nós temos exemplos de importes moito superiores".

No caso de investir en baixos e locais comerciais, Idealista sitúa a rendibilidade en Galicia por riba do 7 %. Para Isabel Cotelo: "A día de hoxe paréceme un pouco difícil defender esa rendibilidade porque os locais non están a vivir un dos seus mellores momentos, hai moita oferta".  

O mesmo está a ocorrer, segundo as inmobiliarias consultadas, no caso de locais destinados a oficinas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade