Publicador de contidos

Publicador de contidos

Constituída a comisión de investigación sobre o caso Koldo no Senado

Constituída a comisión de investigación sobre o caso Koldo no Senado

O PP confirma que chamará a declarar a Francina Armengol e apunta tamén a Pedro Sánchez

Este martes constitúese a comisión de investigación no Congreso

G24.gal 01/04/2024 20:16 Última actualización 01/04/2024 20:23

Senado e Congreso botan a andar esta semana senllas comisións de investigación para estudar se houbo fraude nos contratos para a compra de material sanitario durante a pandemia. Esta tarde constituíuse a do Senado, promovida polo PP, que se centrará no caso Koldo.

Como presidente foi elixido o senador popular Eloy Sánchez.

"Esta comisión ten que ter unha parte positiva, que é impedir que volva suceder algo así", di Sánchez.

Sobre a mesa están contratos con gobernos autonómicos como o das Baleares e o das Canarias. O PP confirma que chamará a declarar a expresidenta balear e actual presidenta do Congreso. E apunta tamén ao presidente Pedro Sánchez.

Borja Sémper, portavoz do PP,  di: "Levamos tempo dicíndoo e acabarase demostrando que Pedro Sánchez sabía todo, que o PSOE o sabía, e calaron e taparon todo. Fixeron a Ábalos deputado e agora en vez de actuar con transparencia pulsan o botón do ventilador para desviar a atención".

Tras a do Senado, este martes botará a andar a comisión de investigación no Congreso, impulsada polo PSOE e os socios de investidura. O foco será máis amplo, investigará a compra de material sanitario de todas as administracións. O PSOE dará a coñecer nas próximas horas a quen chama a declarar.

Esther Peña, portavoz do PSOE, avanza: "É evidente que o máis lóxico é que os responsables políticos e técnicos da Comunidade de Madrid ou da de Galicia veñan a explicar que sucedeu. O obxectivo é aclarar o que pasou, caia quen caia".

A estas dúas comisión súmase a que arrancará o día 9 no Parlamento balear sobre o caso Koldo e a compra de máscaras, apoiada polo PP e Vox.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade