Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comisan 200 quilos de marisco nunha nasa ilegal no porto de Camelle

Comisan 200 quilos de marisco nunha nasa ilegal no porto de Camelle

G24.gal 04/01/2022 22:31

Presión policial sobre o furtivismo tivo éxito nunha nova operación, desta volta en Camelle. Os mergulladores da Policía atoparon unha nasa con 200 quilos de marisco, listos para vender cando acadasen o prezo máis alto.

A nasa estaba agochada no porto de Camelle. Medía máis dun metro e o seu interior contiña 200 quilos de crustáceos listos para introducir no mercado negro. Estaba amarrada cuns cabos e ancorada ao fondo.

Fernando Molina, xefe do ERPOL da policía autononómica: "Cando quedaban 15 segundos de aire nas botellas atopámola a 5 metros de profundidade. Estaba tapada cunhas algas e houbo que cortala. Non puidemos subila ao barco gardacostas e tivemos que remolcala e sacala no porto"

O ERPOL, o Equipo de Resposta Policial, empezou a traballar en outubro integrado por cinco mergulladores formados para loitar contra un furtivismo cada vez máis sofisticado. En tres meses descubriron varios aparellos calados ilegalmente.

Fernando Molina, xefe do ERPOL: "En Cangas atopamos un (aparello) de 800 metros que cruzaba toda a praia de Cangas e en Ferrol descubrimos outro na zona da Redonda e tiña sobre 450 metros".

En total, lévanse comisados 2.600 quilos de marisco desde outubro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos