Colau chama á coordinación das esquerdas para gañar nas próximas eleccións
A líder do Frente Amplio expresou que o seu partido busca o cambio que tanto desexa España, pero "sen recortar dereitos"
A líder da candidatura do Frente Amplio ao 29N, Ada Colau, fixo un chamamento a que todas as forzas progresistas traballen xuntas "desde xa" para gañar "á onda reaccionaria" nas próximas eleccións, tras coñecer os resultados na noite electoral na que a súa formación logrou 10 escanos.
"Un deber que temos, unha tarea, é falar entre nosotras e face runha estratexia para revertir estes resultados o antes posible".
Colau quixo mandar unha mensaxe a aquelas persoas que estiveran vendo os resultados electorais con preosupación.
"Non lles imos fallar".
Tamén expresou que o seu partido busca o cambio que tanto desexa España, pero "sen recortar dereitos".
A continuación, reprochoulle ao PSOE que a estratexia do voto útil pola que apostou nesta campaña electoral "non funcionou".
Colau agradeceu os máis de 1,8 millóns de votos recibidos entre ao Frente Amplio e outras alianzas territoriais como Compromís Front Valencià, liderada por Compromís, o que lles dá un total de 13 escanos, e lamentou que lles "faltou tempo para facer máis campaña e máis en positivo".
Por último, quixo agradecer a todas as persoas que formaron parte da campaña.