Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio non pon escusas: "Xogamos cun aire de superioridade que non toca"

Claudio non pon escusas: "Xogamos cun aire de superioridade que non toca"

O adestrador do Celta pediu desculpas polo acontecido na última media hora

"Cando baixamos o nivel somos vulnerables"

G24.gal 27/10/2024 16:32

Claudio Giráldez non quixo poñer escusas logo da derrota fronte aso Leganés (3-0) e mandou varias mensaxes ao seu cadro de xogadores. O primeiro que quixo facer o porriñés foi "pedir desculpas pola reacción do equipo despois do 1-0". A partir dese intre, o Celta foise do partido.

"Na segunda parte xogamos cun aire de superioridade que non toca", asegurou Giráldez, que considera que os tres goles chegaron despois de "perdas de gustarnos". Tamén recoñeceu: "Cando estamos ao noso mellor nivel podemos facerlle fronte a calquera equipo de Liga, pero en canto baixamos un 1 % o nivel, somos un equipo vulnerable".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade