Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio Girález: "Tivemos personalidade e afouteza"

Claudio Girález: "Tivemos personalidade e afouteza"

O adestrador valora a actitude do equipo logo de saber o resto de resultados

"Temos que ir a Granada a gañar", dixo malia que serve o empate

G24.gal 16/05/2024 07:27

"Tivemos personalidade e afouteza" foron as palabras de Claudio Giráldez, que valora moito a actitude do equipo. Sabían os resultados dos rivais e a presión que había dentro do vestiario por sacar un triunfo que se facía imprescindible despois da vitoria do Cádiz en Sevilla. 

O papel dos xogadores que entraron na segunda parte tamén resultou fundamental para o adestrador porriñés. "Había moita pólvora no banco", pero tiña que xestionar os minutos nunha semana con tres partidos. Un dos máis destacados foi Hugo Álvarez, un dos que entrou no tempo de lecer e marcou o gol da vitoria, pero Claudio quixo destacar "o traballo de todo o equipo".

Cun punto diante do Granada a permanencia será virtual. Malia iso, o técnico celeste foi contundente: "Hai que ir a Granada a gañar, sabemos o difícil que é isto e non nos podemos relaxar", dixo na comparecencia de prensa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade