Claudio Giráldez quere estar no Celta mentres "sexa útil"
O porriñés comezou por agradecer a confianza dun club onde di sentirse na casa
Asinou un contrato ata 2025
O adestrador do Celta, Claudio Giráldez, compareceu na tarde deste xoves con motivo da súa renovación para a próxima tempada, anunciada horas antes.
O porriñés comezou por agradecer a confianza dun club onde di sentirse nacasa desde que chegou, lembrando que, antes que traballador do mesmo, xa era afeccionado desde a súa infancia.
"É motivo de orgullo e alegría estar hoxe aquí falando da miña renovación. É un día moi feliz, moi importante na miña vida», así como na dos seus seres queridos.
Sostén o preparador que os que chegan a Primeira saben todo o que lles custou, no seu caso, pasando pola práctica totalidade das categorías.
"Estes son días para lembrar", subliña reiterando a súa gratitude tanto á entidade como ao celtismo pola maneira en que foi recibido.
Quere responder con traballo e compromiso no día a día. Ademais, ten o convencemento de que lles irá ben.
Alcanzar este acordo foi sinxelo na medida en que as dúas partes "querían o mesmo", polo que se fixo de forma "rápida e natural".
"Quero estar todo o tempo que poida mentres sexa útil e poida sumar ao club!", recalca.
En canto á duración do contrato, Garcés explicou que é a súa maneira de traballar, acordar por un ano, mentres que Giráldez tamén comulga con esa formulación:
"Hai que gañar as cousas no día a día e centrarnos no presente, construíndo cara ao futuro coa idea de que imos da man"
Pola mañá, os xogadores felicitaron a Giráldez pola súa renovación.