Claudio Giráldez: "Creo que se debeu suspender a xornada"
Fer López entrou na convocatoria. "Este tipo de partido encáixalle ben".
O técnico incide no aspecto psicolóxico despois da derrota en Leganés
Claudio Giráldez compareceu na previa do partido de mañá diante do Xetafe (21:00 h TVG e AGalega.gal). O técnico comezou a súa intervención opinando de xeito similar a outros compañeiros polo acontecido en Valencia. "Creo que non se debeu disputar esta xornada. Somos profesionais, e estamos ao servizo, como tantas outras profesións, para intentar darlles unha alegría aos afeccionados. Pero opino que se tería que adiar a xornada".
Despois, Giráldez entrou en materia. Para o encontro convocou ao futbolista do filial Fer López, que podería ter minutos. "É un tipo de partido que lle vai ben, cun rival que mete presión. Despois ten que seguir medrando, e témolo que coidar".
Sobre o aspecto anímico, o técnico confirmou que se está a traballar nel, despois da desconexión do equipo que custou unha goleada en Leganés.
Tamén opinou sobre o regulamento e o xeito de xogar do Xetafe. Agarda un encontro no que o seu equipo non vai ter tanta posesión, e confirmou que intentarán atacar máis rápido.