Cargando resultados...
Claudio Giráldez, estrela da celebración da permanecia do Celta
Ante o Valencia houbo sete canteiráns no equipo titular
G24.gal
27/05/2024 15:42
Última actualización 27/05/2024 15:52
O final de temporada podería resumirse na foliada que eloxiou Claudio en Balaídos.
O ano que vén haberá moitos cambios, época de despedidas. A todos eses afeccionados achegouse Aspas para agredecerlles que estiveran aí nos moitos momentos de debilidade do equipo durante a temporada.
O moañés volve ser o máis querido, o líder. Quen mellor entendeu a transición Benítez-Claudio. E remata a temporada con 9 goles e 10 asistencias.
Houbo sete canteiráns no equipo titular. O equipo compite. Balaídos berrou o nome de Claudio. Un equipo unido con forte identidade polo noso, esa foi a grande herdanza dos días finais do centenario celeste.