Cargando resultados...
Clases de taichí de balde na rúa en Ourense dende hai 40 anos
Aseguran que practicar taichí acotío ten múltiples beneficios para o corpo e a mente
G24.gal
04/07/2024 13:29
Cando case non se coñecía en Occidente o que era o taichí, en Ourense xa o practicaban na rúa. 40 anos levan xa organizando unhas clases desta disciplina de balde para todas as idades. Acoden a primeira hora centos de persoas. Practicar taichí acotío ten múltiples beneficios para o corpo e a mente.
Facendo taichí ao aire libre comezan o día con outra enerxía. Son clases que se dan de balde no xardín do Posío de Ourense ás oito da mañá ata o 19 de xullo.
Hai persoas que levan máis de 25 veráns participando nestas clases de taichí na rúa. E é que teñen 40 anos de historia. O taichí é unha arte marcial con moitos beneficios físicos e mentais.