Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta cae diante do Oviedo nun mal partido (0-3) na semana do ser ou non ser en Europa

O Celta cae diante do Oviedo nun mal partido (0-3) na semana do ser ou non ser en Europa

O equipo vigués tiña a opción de rematar a xornada de quinto, pero foi goleado polo pechacancelas

O xoves, os de Giráldez intentarán remontar a eliminatoria contra o Friburgo

G24.gal 12/04/2026 17:22

Minuto a minuto

Ás 18:30h comeza o partido de Balaídos entre o Celta e o Oviedo. Este é o XI inicial de Claudio Giráldez para o encontro

E este é o XI inicial do Oviedo

1'

Comeza o partido en Balaídos: Celta 0-0 Oviedo

2'

Primeiro remate do Celta, por parte de Antañón, que se estrea como titular na Liga, e saca Escandell a córner

3'

E a segunda do Celta, desta volta cunha cabezada de Rueda que marcha moi cruzada

6'

Gol do Oviedo. Adiántase o cadro carballón no seu primeiro achegamento, nunha xogada con envío lateral e coa defensa viguesa moi pouco contundente. Radu saca de xeito milagreiro, pero Reina engancha o rexeitam,ento e marca. Celta 0-1 Oviedo

9'

E outra clara do Oviedo, nun man a man que salva Radu, aínda que había posición de fóra de xogo

15'

Dobre ocasión clarísima do Celta!! Salva Escandell por dúas veces, primeiro un remate de Antañón, e despois de Fer López

25'

Parada abaixo de Radu logo dun disparo lateral

42'

O Celta domina neste treito final da primeira metade, pero non é quen de rematar con perigo

44'

Gol do Oviedo. Balón desde a dereita, e Fede Viñas mete o pé adiantándose a un Aidoo moi pouco contundente. Celta 0-2 Oviedo

45+3'

Descanso en Balaídos. O Celta permite dous goles do Oviedo e terá que remontar se quere asaltar o quinto posto

46'

Comeza a segunda metade en Balaídos. Celta 0-2 Oviedo

54'

Paradón de Radu, logo dunha falta lateral que remata a boca de xerro de Javi López. Salva o porteiro ao equipo do terceiro

56'

Gol do Oviedo. Fede Viñas entra para rematar a pracer un centro desde a esquerda. Estaba en posición adiantada Dani Calvo, pero o árbitro valida a xogada. Celta 0-3 Oviedo

79'

Balón en profundidade a Jutglá, que remata abaixo e para Escandell

80'

Outro balón a Jutglá, que cae na  área, pero o árbitro non indica penalti de Costas

83'

E outra ocasión de Jutglá, cunha cabezada que saca Escandell con outro paradón

90+4'

Final do partido en Balaídos. O Celta fixo un mal partido contra o pechacancelas, no medio dos dous partidos da súa eliminatoria de cuartos de final da Europa League contra o Friburgo. Agora toca centrarse en buscar a remonta o xoves

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar