Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carvalhal prepara o partido ante o Sevilla cun adestramento pleno de canteiráns

Carvalhal prepara o partido ante o Sevilla cun adestramento pleno de canteiráns

Continúan recuperándose das súas lesións Augusto Solari, Óscar Mingueza, Agustín Marchesín e Diego Alves

G24.gal 04/04/2023 16:51 Última actualización 04/04/2023 16:58

Este martes, o Celta volveu traballar tras empatar fronte o Almería en Balaídos e descansar o luns. Fíxoo cunha ampla representación do filial máis un futbolista con ficha do Celta C Gran Peña e outro do Xuvenil.

Os xogadores do Celta B presentes na sesión, Carlos Domínguez, Hugo Sotelo, Miguel Rodríguez e Coke Carrillo, Lautaro de León, Raúl Blanco, Tincho Conde, Fernando Medrano, Martín Calderón, Víctor San Bartolomé, Thomas Carrique e Carlos Beitia.

Mentres, continúan recuperándose das súas lesións Augusto Solari, Óscar Mingueza, Agustín Marchesín e Diego Alves.

Para o duelo ante o Sevilla, ademais, será baixa por sanción Gabri Veiga, que viu a súa quinta amarela do curso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade