Cargando resultados...
Carvalhal e a repetición do penalti: "Nestas situacións, o VAR é nefasto"
Considera que non tiña que entrar na repetición do penalti porque Unai pisara na área "medio pé"
G24.gal
24/05/2023 07:08
Carlos Carvalhal estaba amolado pola acción que deu orixe ao gol do empate. Iván Villar paroulle o primeiro lanzamento de penalti a Stuani, pero Mateu Lahoz, a instancias do VAR, mandou repetir a xogada porque Unai Núñez entrara na área antes do lanzamento.
"Puxo medio pé na área, medio pé!!!", expresou Carvalhal ao final do partido. O técnico portugués quixo reflexionar sobre a entrada da videoarbitraxe en certas accións: "O VAR ten que estar para as grandes decisións e non ver cousas cunha lupa. Cunha lupa todos os córners son penalti. Para este tipo de situacións o VAR é nefasto".