Cargando resultados...
Carvalhal considera o partido do Xirona como unha "final"
O Celta pretende rachar coa xeira negativa de derrotas e certificar a salvación superando a barreira dos corenta puntos
G24.gal
22/05/2023 21:42
Unha vez máis o Celta confía en que Iago Aspas acuda ó rescate. A distancia co descenso reduciuse a catro puntos, con nove por xogarse. O club mobilizou os capitáns apelando á afección para gañarlle ó Girona.
O adestrador Carvalhal tamén fala na véspera de final e de borrar da cabeza os últimos sete partidos, saldados cunha vitoria e seis derrotas.
Unha final coas baixas e Fran Beltrán, lesionado, e Luca de la Torre, sancionado. E a incógnita de Iago Aspas, nun estado físico precario.